A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto co Mago Rafa e o Mago Teto, a 18 edición da Semana Internacional da Maxia de Lugo, que este ano terá lugar entre o 24 e o 29 de maio.

Durante o día de hoxe, coincidindo coa celebración do día internacional dos museos, as distintas salas da rede museística municipal agasallaron libros procedentes do fondo bibliográfico municipal ás 10 primeiras persoas que se achegaron a cada unha das instalacións.

Acadar a igualdade e a progresividade fiscal
Delitos contra a seguridade viaria en accidentes de circulación

As actividades organizadas polo Goberno Municipal polo día das Letras Galegas remataron hoxe cunha entrega de libros procedentes do Fondo Bibliográfico Municipal, que tivo lugar na praza Maior e á que se achegaron centos de veciñas e veciños de Lugo.

A área de Muller e Igualdade organizou este sábado unha nova andaina na honra de Xela Arias. Con esta actividade, a concellería que dirixe Silvia Alonso pretende enxalzar o papel da muller nas Letras Galegas, coincidindo coa celebración desta efeméride.


O executivo de Lara Méndez vén de solicitar á Deputación Provincial a cesión da estrada LU-P-2911, coincidente coa rúa Fermín Rivera, para a súa integración no viario urbano, dando así resposta a unha reivindicación da veciñanza da zona e das persoas que frecuentan a contorna e o Club Fluvial.

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na elaboración da nova ordenanza de Mobilidade, na que se continúa a traballar. De cara a comezos do 2023, a nova lei de Cambio Climático fará obrigatorio contar cunha zona de baixas emisións.
Durante a noite do 13 ao 14 de maio/21, estableceuse un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa COVID e de Seguridade viaria, no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiados por un equipo de Atestados
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 472
- 473
- 474
- 475
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- …
- seguinte ›
- última »