
O executivo de Lara Méndez da inicio mañá as actividade das Aula Abertas, organizadas co fin de facilitar a conciliación este verán das familias do municipio. Así o anunciaron hoxe a concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade, Olga López, e Alfonso Darriba, animador sociocultural.

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto informa que, a piscina municipal de As Pedreiras permanecerá pechada durante todo o mes de xullo, para realizar as labores anuais de mantemento e limpeza.

A Concellería de Medio Ambiente recorda que este verán puxo en marcha un reforzo do servizo gratuíto de recollida enseres, tanto nos barrios da cidade como nas parroquias do rural, a fin de reducir o número de obxectos que se depositan na vía pública.

O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, presentou xunto á vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montse Valcárcel, as novas actividades do ciclo musical Na Bocanoite, que se incorporan á programación cultural de Lugo para o mes de xullo.

A Concellería de Infraestruturas continúa a ampliar o número de aparcabicis colocados na cidade coa instalación de novas prazas no aparcadoiro municipal do Seminario Menor.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a adxudicación da renovación do firme de nove rúas e varios ramais de acceso que se executarán no barrio das Gándaras.

A área de Desenvolvemento Local, que dirixe a tenente de alcaldesa Ana González Abelleira, pon en marcha un novo obradoiro de emprego co que o Goberno de Lara Méndez pretende crear oportunidades laborais para 16 rapazas e rapaces lucenses con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos.

O Goberno de Lara Méndez acondicionará o firme de catro estradas municipais en Pías, Piugos e Tirimol para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a a veciñanza destas parroquias. Así o avanzou o tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández.
Filtros de seguridade viaria

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, instou hoxe á Xunta de Galicia a intervir canto antes na parte do roteiro peonil de Os Muíños que é de titularidade autonómica, para mellorar a súa seguridade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 453
- 454
- 455
- 456
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- …
- seguinte ›
- última »