Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 29 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana do 26 e 27 de xuño/21, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron diversos controis de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectándose TRES condutores con taxas de alcol en miligramos litro de 0,49; 0,44 e 0,87.

Aos dous primeiros abríuselles expediente sancionador con proposta de sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao terceiro instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

No transcurso dos devanditos controis varios condutores foron denunciados polas seguintes infraccións:

Circular cos neumáticos do vehículo que non presentan debuxos na banda de rodadura e presentaban risco para a seguridade viaria. Os dous vehículos detectados foron retirados da vía pública polo servizo de guindastre quedando inmobilizados no Depósito Municipal.

  • Dous condutores foron detectados conducindo sen realizar os cursos de reeducación despois dunha condena penal.
  • Tres condutores foron denunciados por non presentar o vehículo a ITV no prazo debido e un máis por circular coa ITV desfavorable.
  • Dous condutores circulaban carecendo de Seguro Obrigatorio de Automóbiles.
  • Outro condutor foi detectado co permiso de condución caducado.
  • Realizáronse catro propostas de Inspección Técnica extraordinaria por detectar nos vehículos defectos nos elementos de seguridade.

Así mesmo realizouse un control de velocidade co emprego dun vehículo policial dotado con cinemómetro, na Avenida Infanta Elena, controlando un total de 249 vehículos e formulando 9 denuncias a condutores por pasar a velocidade máxima permitida de 50 km/ h

Detención por furto

Sobre as 16,30 horas do día 25 de xuño/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un centro comercial da cidade xa que os vixiantes de seguridade están a ter un forte  forcejeo con dous mozos, presuntos autores dun furto no interior do establecemento.

Que os policías observan como os vixiantes están en persecución dun mozo, polo que se suman á mesma, logrando darlle alcance nas proximidades dunha área recreativa.

Os vixiantes manifestan que observaron aos mozos en actitude sospeitosa e ao traspasar a liña de caixas, activouse a alarma acústica e ao ser requiridos emprenden a fuxida, comprobándose posteriormente que subtraeran un teléfono móbil.

Que tras intervirlle o teléfono, o mozo logra zafarse dos vixiantes e tras fracturar duas das portas da entrada principal, consegue saír do mesmo, sendo alcanzado polos policías.

Que o teléfono sustraído ten un valor de 1.379 euros, polo que se procede á detención do mozo de 16 anos de idade, mentres que o outro que o acompañaba comprobouse que tiña 13 anos de idade, polo que tras informar os seus proxenitores é entregado aos mesmos.

Detención por intento de agresión a axentes da autoridade

Sobre as 21,25 horas do día 25 de xuño/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un establecemento de hostalería da Praza da Soidade xa que ao parecer un home está a increpar e molestando ao persoal do local e a un grupo de mozas que se atopan no seu interior.

Que os policías observan que esta persoa áchase en estado de embriaguez, comezando a insultar aos policías e que ao ser requirido para que se identifique, négase rotundamente, poñéndose agresivo e tentando agredir aos axentes, polo que se procede á súa inmobilización  e  detención do mesmo, sendo trasladado a un centro médico e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Noticias relacionadas