
A primeira quenda de participantes no proxecto Lucus Mundi, unha iniciativa impulsada polo Concello de Lugo con fondos da UE que ofrece a estudantes lucenses prácticas laborais en países europeos, parte entre esta semana e a que vén cara Italia, Irlanda e Austria.
As Casas das Linguas do Concello de Lugo ofertarán como novidade a vindeira temporada italiano e alemán para adultos. Estes obradoiros súmanse aos de inglés, francés e alemán, aos que se apuntaron o pasado curso preto de 500 alumnos e alumnas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dentro da súa rolda de encontros con colectivos sociais e empresariais da cidade, mantivo este venres un encontro con representantes da Fundación Secretariado Gitano (FSG), unha entidade sen ánimo de lucro que dende os anos 60 presta servizos para a promoción int

O Concello de Lugo, facéndose eco das demandas dos veciños, esixiralle ao Ministerio de Fomento que corrixa as deficiencias das vías de servizo da A-54 nas parroquias de Coeo, Nadela, Soñar, Monte de Meda, Bazar, Esperante, Coeses e Santiago de Sáa.

O Concello de Lugo abriu este venres o prazo de inscrición para matricularse nos cursos de natación para nenos e adultos que se impartirán nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras dende outubro a decembro.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e os concelleiros do Goberno local secundarán a manifestación convocada este xoves, ás 20.30 horas, pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia para continuar reivindicando a dotación de servizos neste barrio co fin de reactivalo social e economicamente unha
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ofrece dende este sábado e ata o 12 de setembro catro obradoiros didácticos e de lecer sobre monicreques e pintura dirixidos aos máis pequenos. Nas actividades, con 120 prazas, poderán participar nenos de máis de 6 anos.

A Asociación Enriqueta Otero – As Quetas organiza mañá venres, 4 de setembro, o II Mercadillo Feminino na Praza Maior, entre as 10:00 e as 20:00 horas.

O Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, e o tesoureiro da Agrupación Cultural e Deportiva Fefeme Tríatlon do Miño, José Ángel Fernández, presentaron este xoves no Salón de Plenos o XXVII Tríatlon do Miño Campionato Galego de Tríatlon 2015, que se celebrará o

Máis de 10.730 persoas pasaron en agosto pola oficina de turismo municipal. O centro de atención aos turistas da Praza do Campo atendeu o pasado mes un 14% máis de visitantes que hai un ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1044
- 1045
- 1046
- 1047
- 1048
- 1049
- 1050
- 1051
- 1052
- …
- seguinte ›
- última »