A realización do protocolo de grietas lévase a cabo, unha vez asinado o contrato, como paso previo ó inicio das obras que executará a empresa Excavaciones J. Fernández.
A partires do 1 de xuño publicaranse as listas definitivas e a información correspondente aos prazos e documentación necesaria para formalizar matrícula os admitidos.
O Concello, a Deputación provincial e a Asociación Carballeira de Nadela colaboran na recuperación do relevante espazo verde que supón a devandita carballeira, que é escenario de numerosas feiras e actividades ao longo do ano.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou a aprobación hoxe pola Xunta de Goberno Local da apertura do procedemento para a contratación do servizo de roza de pistas das parroquias do concello de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, participaron esta mañá nun acto no Parque Infantil de Tráfico para conmemorar a Semana Mundial da Seguridade Viaria.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron unha nova edición do programa de xadrez “Xadrez para tod@s”, no que se recollen as actividades
Con esta nova instalación suprímense os cruces aéreos existentes nesa rúa e tamén un cadro eléctrico que se atopaba en malas condicións.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá da programación de actividades previstas para conmemorar, un ano máis, o Dia de Europa, que se celebra o 9 de maio nos países membros.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 16 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que están esta semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses que xa estiveron no mes de marzo en Alema

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, presentaron esta mañá a cuarta edición do curso de educación vial Primaveira Segura que se impartirá e
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- …
- seguinte ›
- última »