A Dirección Xeral de Tráfico escolleu o Parque Infantil de Tráfico do Concello para a celebración dun acto da III Semana Mundial da Seguridade Viaria

Nenos e nenas de varios colexios da cidade debatiron sobre medidas necesarias para evitar accidentes

Mércores, 06 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero Plaza, participaron esta mañá nun acto no Parque Infantil de Tráfico para conmemorar a Semana Mundial da Seguridade Viaria.

No acto participaron nenos e nenas de 10 anos de diferentes colexios da cidade que leron a Declaración dos Nenos Para a Seguridade Viaria e que forma parte da campaña #SaveKidsLives e na que se reclama unha maior implicación para que os menores poidan desprazarse con seguridade.

López Orozco explicoulles a importancia de respetar as normas de circulación tanto como viaxeiros de coches, como de ciclistas ou de peóns xa que “se todos respetásemos reduciríanse considerablemente os accidentes nas cidades”. Durante o debate algún dos nenos comentaron que eran os adultos os que incumprian sempre as normas e os incitaban a eles a facer o mesmo incoscientemente polo que pedía que “papás e mamás fosen un exemplo de seguridade nas rúas e carreteras”.

Trátase dunha campaña promovida pola Dirección Xeral de Tráfico e incluida na Década de Acción para a Seguridade Viaria 2011-2020 elaborada polas Nacións Unidas para concienciar sobre a importancia de crear e respetar as normas de circulación e para pedira que se adopten decisións para salvar a vida os nenos e nenas especialmente.

Multimedia

Noticias relacionadas