A empresa que construirá o ascensor do Sagrado Corazón visitará o día 19 o edificio lindeiro coa escaleira de Carlos Azcárraga para redactar o protocolo de grietas

O Concello comunica que a empresa adxudicataria da obra de construcción do Sagrado Corazón realizará a semana vindeira o protocolo de grietas. Para elo, ten previsto levar a cabo unha visita, o martes día 19, ás vivendas do edificio situado en Carlos Azcárraga, número 3, que é lindeiro coa escaleira na que se construirá a base do ascensor. Trátase de certificar o estado no que se atopan as vivendas antes do comezo da obra.

Xoves, 14 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A realización do protocolo de grietas lévase a cabo, unha vez asinado o contrato, como paso previo ó inicio das obras que executará a empresa Excavaciones J. Fernández. Esta actuación, que ten por obxecto mellorar a accesibilidade do barrio do Sagrado Corazón, suporá un investimento de 189.769 euros e conta cun prazo de execución de catro meses.

O proxecto denominado “Obras de mellora do espazo urbano e accesibilidade ó barrio do Sagrado Corazón de Lugo dende a avenida de Carlos Azcárraga” foi redactado pola empresa municipal Evislusa. Supón a construcción dun ascensor panorámico, que será acristalado, e irá instalado sobre unha estrutura metálica, e terá capacidade para transportar nunha viaxe de 8 a 12 persoas.

Co elevador facilitarase o acceso ó barrio en dous niveis, un á altura da Igrexa e outro á altura do Colexio. A base será na rúa de Carlos Ázcárraga, onde terá a primeira parada; a segunda será a 6,75 metros de altura, na praza da Igrexa, e a última situarase á 10,13 metros de alto, e estará comunicada, a través dunha pasarela, coa parte alta do barrio.

Noticias relacionadas