
O Goberno de Lara Méndez abonou entre xullo e setembro de 2021 un total de 1.111 facturas, principalmente a pequenos e medianos provedores, por valor de 12.602.021 euros, o 82’09% deste importe dentro do prazo legal establecido.

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se vén de autorizar o pago correspondente ás axudas para a compra de libros de texto e material escolar ás distintas librarías participantes.

Lugo afianza pontes de cooperación con El Salvador.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial ao alumnado do CEIP Quiroga Ballesteros para explicarlles o funcionamento da Administración local e a actividade diaria que se desenvolve nela.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC na conferencia “Soberanía Alimentaria y Salud.

A concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe Mauricio Repetto, lembra que o domingo, 14 de novembro, volta a Lugo a XXX Duatlón Cidade de Lugo Memorial Alejandro López, enmarcado dentro do Circuíto Galego, “despois de ser cancelada en 2020 pola pandemia e adiantada a novembro nesta tempada”

O Concello de Lugo, a través das áreas de Benestar Social e Medio Ambiente, leva contribuído nos últimos anos á inserción laboral de 156 persoas con enfermidade mental, a través do programa Juntos Somos Capaces posto en marcha pola Fundación Mapfre co apoio de FEAFES (Federación de Asoci

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde, participa estes días no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación ao Desenvolvemento.

A XIX edición da carreira popular Lugo Monumental xa ten data: o vindeiro domingo, 19 de decembro.

A concelleira de Benestar, Olga López Racamonde vén de manter un encontro coas asociacións que integran o tecido social da cidade para abordar a recuperación, logo do paréntese que supuxo a pandemia, da feira solidaria Diversiarte.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- …
- seguinte ›
- última »