
O Concello de Lugo, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira, celebrará este mércores, 26 de abril, a partir das 8:30 horas, un almorzo de emprendemento no CEI Nodus, para poñer en valor o talento local e establecer novas sinerxias e proxectos comúns en

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá este venres, 28 de abril, a partir das 20:30 horas, a gala benéfica Lucus Moda Atlántica, organizada polo Concello dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

O Concello de Lugo vén de asinar un novo convenio co banco Santander, ampliando o número de entidades financeiras a través das que as e os constribuíntes poden realizar o pago de tributos e outras obrigas que manteñen coa Administración local.

No primeiro mes da apertura das Caldas do Miño, o balance ascende a preto de 3.600 usuarios, que son os rexistrados na aplicación de reservas municipal. Os dous días de maior afluencia foron o 6 de abril (Semana Santa) e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas respectivamente.

O Concello de Lugo destinará este exercicio un total de 2.165.961 euros á dinamizar a cidade a través do Plan Estratéxico de Subvencións.
O Concello de Lugo vén de declarar deserto o anterior procedemento para licitar a xestión da cafetería do Parque de Rosalía de Castro e de iniciar, automaticamente, un novo proceso, logo de adecuar os pregos ás necesidades actuais do sector.

“Rolda Leste si, pero non a calquera prezo”.
Deste xeito a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sintetizou o posicionamento do Goberno local ao respecto do proxecto para construír a segunda fase da Rolda Leste presentado pola Axencia Galega de Infraestruturas.

O Concello de Lugo modificará neste 2023 a data de cobro dos recibos da auga que se xiran a través do banco.

A primeira edición da Carreira Popular ‘Correndo polo Rural’, coordinada polas concellerías de Medio Rural e Deportes, reunirá a mais de 200 atletas de todas as idades na parroquia de Santa María de Coeses.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recolleu este xoves, nunha cerimonia celebrada en Sagunto, presidida pola ministra Diana Morant, o galardón “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” que o Ministerio concedeu ao municipio lucense, xunto a outras nove localidades de España, por impulsar iniciativas
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »