
O 2020 pasará a historia como un dos anos máis tráxicos do que vai de século pola pandemia global do coronavirus e polas consecuencias económicas e, por tanto, tamén sociais, nas que derivará.

Un total de 59 asesorías lucenses e 77 profesionais do sector participaron este xoves na videoconferencia organizada polo Concello para informar sobre as axudas do Plan Reanima.

O Goberno de Lara Méndez organizará unha videoconferencia este xoves, día 16, a partir das 13:00 horas, na que técnicos municipais informarán sobre as axudas do Plan Reanima.
O concello de Lugo poñerá en coñecemento das autoridades en materia laboral o decreto polo cal se manteñen os contratos coas diferentes empresas mentres dure a crise sanitaria do COVID-19.

O Concello de Lugo celebrará o seu primeiro Pleno Extraordinario de carácter telemático este xoves, ás 17:00 horas. Unha sesión á que o Goberno de Lara Méndez levará, para a súa aprobación, o remanente de 5 millóns de euros correspondentes ao Plan Reanima Lugo.

O Goberno de Lara Méndez porá en marcha unha nova iniciativa encamiñada a paliar os efectos da alerta sanitaria, especialmente entre os pequenos comercios e autónomos de Lugo, entre os máis afectados polo brote de COVID-19.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da semana santa no seu horario habitual.

O goberno de Lara Méndez abonou, durante o pasado mes de marzo 7’7 millóns de euros aos provedores municipais. En total, 2.184 facturas que se tramitaron dende o departamento económico do Concello baixo a premisa de despachar coa máxima dilixencia os pagos pendentes.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, inaugurou hoxe, a través de videoconferencia, a quinta edición do programa Inicia Coworking, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- seguinte ›
- última »