
Preto de 140 promotores e particulares se beneficiaron, só neste mes de maio, do aprazamento das taxas urbanísticas promovido polo goberno de Lara Méndez.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantiveron unha xuntanza con comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros para informalas das actuacións previstas para mellorar a seguridade e

En 2019 o goberno de Lara Méndez consignou a pasarela sobre a N-VI, os traballos de repintado da sinalización horizontal da cidade, a peonalización de Quiroga Ballesteros e o elevador do Sagrado Corazón.

O Concello de Lugo contará a partir do vindeiro luns, 1 de xuño, cunha nova Relación de Postos de Traballo como paso imprescindible para acometer a modernización da institución local, dentro da segunda gran transformación da administración iniciada co mandato de Lara Méndez.

Máis de 3.440 empresas, autónomos e empresas de Lugo solicitaron as axudas directas do Plan Reanima posto en marcha polo goberno de Lara Méndez co fin de aportarlles liquidez para que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo.

Últimos días para inscribirse no curso online, impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19 e obter o diploma de Establecemento de Confianza.

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Deportes que dirixe o edil Miguel Fernández, procederá ao abono das axudas económicas establecidas para os e as lucenses con talento deportivo, dotadas cun orzamento de 26.000 euros.
Bases e anexos do Plan Reanima Lugo:
- Bases e anexos do Plan Reanima Lugo: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/bases-e-anexos-do-plan-reanima-lugo

A área de Medio Ambiente ordenaba hoxe o inicio, este luns, da poda das árbores que se atopan na contorna do auditorio Gustavo Freire para facilitar a próxima apertura do Mercadiño que se realiza nas inmediacións.
Este venres, 15 de maio, abrirá o prazo de inscrición para a primeira acción formativa da estratexia ‘Lugo Seguro’, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez para axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »