Máis de 3.440 empresas, autónomos e familias pediron as axudas directas do Plan Reanima do Concello de Lugo

Lara Méndez lembra que en dous meses habilitáronse as bases, consultáronse co sector, habilitouse o crédito, implantouse a sede electrónica e transcurríu o prazo de presentación

Tras pecharse o prazo, case unha trintena de funcionarios se dedican en exclusiva á tramitación dos expedientes presentados para axilizar o pago

A medida acompáñase tamén doutras iniciativas como a exención e aprazamento de taxas ou o pago de facturas aos provedores da administración local para favorecer a liquidez do tecido produtivo local

Sábado, 23 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 3.440 empresas, autónomos e familias pediron as axudas directas do Plan Reanima do Concello de Lugo

Máis de 3.440 empresas, autónomos e empresas de Lugo solicitaron as axudas directas do Plan Reanima posto en marcha polo goberno de Lara Méndez co fin de aportarlles liquidez para que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo.

A pasada semana pechaba o prazo de solicitude para concorrer ás axudas activadas ante a crise do COVID 19, programa que xeraron un total de 5.118 expedientes correspondente a máis de 3.440 solicitudes, e que agora o equipo técnico encargado de cursalas avaliará para depurar documentación e concretar, así, cal foi a demanda que tivo cada liña de actuación.

“O Plan Reanima foi, dende o inicio do Estado de Alarma, unha das nosa principais prioridades tanto no seu deseño, como no seu desenvolvemento global”, indicou a alcaldesa Lara Méndez, quen lembra que “o mesmo día despois de que se decretase o estado de alarma, un domingo, e previndo os danos económicos da crise, optamos por anunciar as axudas”. Desde entón, habilitáronse en tempo récord as bases, consultáronse cos sectores económicos do municipio e adiáronse os prazos para pór en marcha a sede electrónica para centralizar nela toda a tramitación que conlevan, ademais de que se forneceu do persoal suficiente para abordalas coa maior celeridade posible”. “En menos de dos meses estamos xa estudiando todas as solicitudes, o que nos convirte no concello que máis rápido actuou”, sostén.

Pola súa banda, a concelleira de Gobernanza sinala que, dende o pasado 5 de abril, case unha trintena de funcionarios se dedican en exclusiva á xestión destas achegas co fin de axilizar o  seu pagamento.

Así, a edil responsable de Recursos Humanos deu conta de que 11 traballadores e traballadoras municipais foron derivados doutros departamentos para dotar especialmente as áreas de Rexistro e o CEI – Nodus para recepcionar as peticións da cidadanía, respostar ás súas dúbidas e volcar toda a información.

“Con todo ese traballo feito, agora xa é momento de analizalas, valorar se cumpren os requisitos esixidos e proceder á súa concesión”, relatou a concelleira quen tamén aclarou que a orde de revisión das solicitudes vén dado polo momento no que se ten constancia oficialmente da súa recepción.

“De feito, cada expediente trae consigo de xeito claro e inequívoco a data e hora de presentación orixinal xa que todos están dixitalizados e cada un se acompaña dunha folla xustificativa de entrada orixinal no Rexistro, independientemente da canle elixida polo demandante. O equipo que as revisa copia e pega, nun lugar ben visible, todos eses datos tamén no arquivo creado electronicamente, e eso será o que se teña en conta para xerarquizalas”, abondou Paula Alvarellos.

A alcaldesa Lara Méndez e a concelleira agradecen o esforzo e dedicación amosado polos empregados e empregadas municipais “que, lonxe de decaer, nestas semanas a súa implicación se está vendo incrementada para posibilitar que o Plan Reanima entre na fase primordial: a da entrega destas axudas á veciñanza para que poida remontar as consecuencias económicas que tivo a pandemia”.

Noticias relacionadas