
O Concello de Lugo autorizará aos establecementos de ocio nocturno o desenvolvemento daquela parte da súa actividade puramente hostaleira, como é a venda de bebidas e comidas, en horario de tarde.

Maior brevidade procedemental e, polo tanto, máis celeridade administrativa. Obras que se licitan máis rápido e tamén servizos que dispoñen antes dos medios que necesitan para poder prestarse con dilixencia á cidadanía.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto; asistiu esta maña á presentacion de ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento do sector vinícola que terá lugar o próximo 3 de outubro no claustro da Catedral de Lugo.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o vindeiro domingo, 4 de outubro, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela.

O Executivo de Lara Méndez activa o Plan Vive, iniciativa encamiñada a facilitarlle asesoramento e información ás pequenas e medianas empresas e aos autónomos de Lugo para que poidan afrontar os retos que teñen por diante neste momento de especiais dificultades.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acordou coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, nunha reunión que mantivo co seu presidente, Cheché Real, atender á demanda do sector para instalar nas rúas da cidade caldeiros de polbo durante o vindeiro mes de outubro con motivo das festas do San Froilán.

O goberno de Lara Méndez segue a traballar na recuperación económica de Lugo co obxectivo posto na reactivación do tecido produtivo.

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que, como vén sendo habitual nos últimos anos, o bus urbano será gratuíto durante o 22 de setembro, debido á celebración do Día Europeo sen Coches.

A Conferencia de Presidentes do Eixo Atlántico, celebrada hoxe en Pontevedra, reivindicou por unanimidade o papel determinante que desempeñaron as cidades e os concellos durante a pandemia, cubrindo cos seus propios recursos os déficits doutras administracións dende os aspectos máis urxentes soci
O Eixo Atlántico organizará en Pontevedra a primeira Conferencia de Alcaldes Post COVID19 o vindeiro xoves día 17, na que 31 alcaldes de Galicia e do norte de Portugal debaterán cun conxunto de expertos de alto nivel as políticas a desenvolver e o papel do concellos no proceso de reconstrución qu
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- …
- seguinte ›
- última »