
A área de Xuventude do Concello de Lugo, encargada de organizar o Arde Lvcvs, deu hoxe a coñecer as datas para a vindeira edición, a vixésimo quinta, que terá lugar do 18 ao 21 de xuño de 2026.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, impulsa unha nova actividade de lecer activo dentro do programa +XTi: Aventura +XTi, unha proposta gratuíta que conxuga natureza, deporte e convivencia nun entorno privilexiado da cidade.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo acordou esta mañá, en sesión extraordinaria, elevar ao Pleno unha proposta de modificación orzamentaria por importe de 6.438.119,66 euros, co obxectivo de reforzar servizos públicos, apoiar o tecido asociativo e

Concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Lugo gardaron esta mañá un minuto de silencio en memoria de Maritzia e en repulsa polo asasinato machista desta coruñesa de 49 anos, que perdeu a vida o pasado domingo, a mans do seu marido, de 61.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, na que foi a primeira reunión institucional desde que é rexedor, co obxectivo de abordar iniciativas para o sector local ante o remate das obras

Durante a semana comprendida entre os días 9 e 15 de xuño, a Policía Local de Lugo intensificou o seu labor de control e vixilancia nas vías urbanas da cidade con motivo da celebración do Arde Lucus, con resultados relevantes en materia de prevención de ac

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo en Madrid co presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, na que logrou o compromiso da operadora pública para avanzar na mellora das conexións ferroviarias da cidade.

O Concello de Lugo lembra á cidadanía a importancia de cumprir coas restriccións para acceder ao centro histórico establecidas no plan provisional de tráfico.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha xuntanza con veciños e veciñas afectados pola posible construción nunha superficie duns 19.000 metros cadrados de edificacións de oito alturas, no polígono C de Paradai, na zona comprendida entre a Ponte Romai e a ponte da esta

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reuniuse este martes na Casa do Concello con representantes da asociación de veciños do Castiñeiro para coñecer de primeira man as principais demandas da veciñanza e estudar posibles actuacións de mellora no barrio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- …
- seguinte ›
- última »