
O Alcalde de Lugo presentou esta mañá a terceira convocatoria do Plan PILES que este ano recollía a contratación de 20 empregados aos que se sumarán 11 novos contratos anunciados hoxe. O Alcalde referiuse así ao esforzo levado a cabo polo Concello de Lugo “nun dos temas que máis nos preocupa, como é o tema do paro”.
O Plan pretende reactivar o mercado laboral, ao tempo que se contribúe na mellora e mantemento da cidade e do seu contorno, tanto no centro, como nos barrios e na zona rural.

A Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrou esta mañá unha xuntanza na Casa do Concello de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco destacou esta mañá que a concertación de preto de 4.700 millóns de euros anunciada para Galicia polo Ministro de Fomento, José Blanco, garante a chegada do AVE a Lugo, ao igual que ás demais cidades galegas.
Mañá venres, 26 de xuño, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, será distinguido en Madrid coa Cruz Blanca de la Orden al Mérito do Plan Nacional sobre Drogas de mans da Ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez.

O Arde Lucus MMIX dará comezo oficialmente mañá venres coa inauguración do Macellum -mercado- e do campamento dos forxadores ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde xunto con varios membros do seu equipo de Goberno na nave das Asociacións do Concello de Lugo para celebrar un encontro cos membros das mesmas. Este encontro forma parte das reunións que a partir de agora o Alcalde e os membros do Goberno municipal celebrarán con todos os colectivos, asociacións, veciños e veciñas do Concello para presentar as iniciativas nas que traballa o Executivo e escoitar as suxestións dos cidadáns.

As TIC desempeñan un papel clave no proceso de integración laboral das persoas con discapacidade, tanto na empresa ordinaria coma a través da fórmula do autoemprego, pero é importante contribuír a unha maior difusión das novas canles e ferramentas tecnolóxicas adaptadas dispoñibles para que sexan efectivas.
Do 5 ao 11 de xullo celébranse en A Coruña os VIII Xogos do Eixo Atlántico no que participarán preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal e que compartirán un evento deportivo representando ás 34 Cámaras e Concellos que forman parte do Eixo.
Lugo estará representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense participará nas seguintes disciplinas deportivas:

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e representante da Asociación Carballeira de Nadela, Antonio Abeledo, presentaron hoxe a V Feira de San Pedro.
Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar que nos anos anteriores tivo moito éxito de asistencia.
Como noutros anos o Concello colabora co servizo gratuíto de autobuses que sairán dende as 9:00 ata as 15:00 diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes na Avenida de Ramón Ferreiro.

O voceiro do equipo de Goberno municipal, José Rábade, manifestou hoxe o máximo respecto co traballo da xustiza e a máxima colaboración e transparencia institucional. Neste sentido, confirmou o rexistro efectuado onte, por parte da titular do Xulgado Número 3 de Lugo, Estela San José, do cuartel da Policía Local da cidade.
A xuíza solicitou na súa visita ao cuartel sancións anuladas e arquivadas nos últimos dous anos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- 1593
- 1594
- …
- seguinte ›
- última »