
O Executivo de Paula Alvarellos colaborará con máis dunha decena de asociacións sen ánimo de lucro do municipio para poñer en marcha proxectos cos que dinamizar a economía e xerar emprego no municipio.

A área de Participación do Concello de Lugo continúa coas actividades no Cemiterio Municipal coincidindo co 1 de novembro.

O Goberno local impulsa a educación ambiental, e de forma específica o fomento do consumo responsable da auga, con visitas guiadas á depuradora e á potabilizadora para toda a poboación, coas que se busca concienciar sobre o valor da auga.

O Campo de fútbol da Polvoreira retoma este venres a actividade tras a renovación levada a cabo polo Executivo de Paula Alvarellos.

Auxilio a cidadáns

O Concello de Lugo organiza unha andaina solidaria destinada a apoiar a labor das entidades animalistas da cidade, e ao mesmo tempo render homenaxe aos 24 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O Executivo de Paula Alvarellos unificará nun único contrato o servizo de vixilancia e control de acceso en dependencias municipais.

O Executivo de Paula Alvarellos puxo en marcha esta semana unha nova campaña de control de estorniños, co obxectivo de reducir os efectos que estas aves ocasionan na contorna urbana debido á súa concentración masiva en certos puntos da cidade.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a varios e varias integrantes da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira, na que foi a primeira reunión institucional de parte da súa directiva coa rexedora municipal.

Rubén Arroxo, Tenente de Alcaldesa e responsable da área de Mobilidade, anunciou que o mes de outubro de 2024 foi o mes con maior número de usuarios no bus urbano "non só contando os datos históricos do mes de outubro, senon tendo en conta todo o ano".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »