O Concello de Lugo reanudaba este luns o servizo de lectura de contadores da auga, suspendido dende o inicio do Estado de Alarma como medida de prevención para evitar a propagación do coronavirus.

É a vertente máis humana e próxima. A que fai transcender o papel do Concello como a administración da veciñanza.

A alcaldesa Lara Méndez convida a todas as nenas e nenos da cidade a participar do LIFE Lugo + Biodinámico dende os seus fogares, pondo ao seu dispor diferentes unidades didácticas coas que aprender a través do xogo sobre as diferentes accións e iniciativas do proxecto.

Estado de Alarma

Ana González Abelleira, concelleira de Xuventude, comunicoulle hoxe as asociacións e colectivos que participan na organización do Arde Lvcvs que o Concello anula a celebración destas festas previstas para o vindeiro mes de xuño debido a que “neste escenario tan imprevisible, aínda que se supere o

A Xunta de Goberno realizada no día de hoxe aprobou a continuación do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que está a realizar a área de Mobilidade e Infraestruturas.

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, leva desde o xoves traballando nos labores de acondicionamento dos case 900.000 metros cadrados de espazos verde municipais para que estean a punto para as saídas controladas polas familias dos nenos e nenas de

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir do vindeiro luns se reforzará a conexión do centro da cidade co Ceao, engadindo un bus máis que realizará o mesmo percorrido que a actual liña 9.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza enviará unha máscara infantil ás nenas e nenos censados en Lugo. Cristina López afirmou que “para o primeiro envío conseguiuse unha partida de 3.000 máscaras, mais nos vindeiros días chegarán ás nenas e nenos de Lugo”.

Preto de 40 comercios lucenses sumáronse xa á iniciativa ‘Cos de Sempre’, promovida polo Concello, da man da Federación de Comercio e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, para impulsar a compra anticipada online mentres dure o confinamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- 608
- 609
- 610
- …
- seguinte ›
- última »