
Case unha trintena de funcionarios dedicados á súa tramitación, 1.779 expedientes creados e máis de 500 consultas respostadas. É o balance que arroxa o Plan Reanima cando quedan 11 días para finalizar o prazo de presentación de solicitudes.

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, pediu á veciñanza que realice deporte ou pasee polo percorrido da muralla que o realice en sentido anti-horario.

O Executivo de Lara Méndez, a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego, dá un novo paso no seu impulso de apoio á dixitalización do comercio local e das pequenas empresas de Lugo para que saian reforzados da actual situación de confinamento.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizará, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal. Segundo indicou Cristina López, “o primeiro domingo do mes de maio era un dos días nos que o Cemiterio Municipal recibía máis visitas nos pasados anos”.

O goberno de Lara Méndez pon en marcha, a través da área de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas.

Con motivo da relaxación dalgunhas das medidas do confinamento, dadas a coñecer onte polo Goberno central, dende a área de Medio Ambiente trasládase á poboación que os parques e zonas verdes da cidade permanecen abertos para o seu uso e desfrute.
O Concello de Lugo manterá, durante todo o mes de maio, as bandeiras dos edificios municipais a media hasta en sinal de dó coincidindo co loito oficial decretado onte polo executivo autonómico.

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, retomará nos vindeiros días as execucións das obras de mellora de seguridade viaria nas parroquias nun proceso de desescalada que inclúe activar canto antes a economía das empresas así como actuacións important

Comezou o pintado das zonas de xogo na rúa do proxecto Tecendo Brincadeiras, que realiza a área de Mobilidade e Infraestruturas coa colaboración do gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, forma parte dun grupo de 15 rexedores de cidades españolas que, xunto coa sociedade civil, empresas e universidade, uníronse na plataforma El Día Después co fin de repensar os municipios nun escenario post pandemia e con vistas a traballar nun futuro máis sostibl
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 599
- 600
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- 606
- 607
- …
- seguinte ›
- última »