
A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “coa declaración da Fase 1 da desescalada, o Goberno do Estado volve permitir visitas ao Cemiterio Municipal”.

O Concello de Lugo celebrou este sábado, 9 de maio, o Día de Europa coas actuacións online de Rodrigo Cuevas e Laura LaMontagne. Os concertos en directo de ambos artistas puideron seguirse a través das redes sociais do Concello e do centro de información europea Europe Direct-Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou onte, con motivo do Día da Cruz Vermella, as novas instalacións do Fogar do Transeúnte no pavillón polideportivo municipal, que foron habilitadas ao inicio desta pandemia pola concellería de Benestar Social para poder acoller a un maior número de persoas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reactivará a construción do Impulso Verde.

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o novo percorrido peonil habilitado na Ronda da Muralla.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno Local do vindeiro luns aprobará múltiples procedementos relativos ás concellerías de Educación e Infraestruturas Urbanas.

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, levará a cabo unha limpeza profunda dos colexios públicos con vistas a que desde o luns terán unha maior actividade, aínda que esta concellaría non deixou de actuar nestes centros durante a pandemia.

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de cinco novos axentes que se incorporan á Policía Local como funcionarios de carreira do Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou durante a reunión da Comisión de Tráfico celebrada esta mañá, que ela presidiu, as pautas que rexerán a xestión dos espazos públicos co fin de que a hostalaría local poida ou ben ampliar as terrazas das que dispoñen ou ben instalalas no c
Dende a Concellería de Medio solicitan colaboración cidada no servizo de recollida de enseres que presta o Concello de Lugo, que é totalmente gratuíto e que se pode solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83 e que actúe con responsabilidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 597
- 598
- 599
- 600
- 601
- 602
- 603
- 604
- 605
- …
- seguinte ›
- última »