
A área de Medio Ambiente ordenaba hoxe o inicio, este luns, da poda das árbores que se atopan na contorna do auditorio Gustavo Freire para facilitar a próxima apertura do Mercadiño que se realiza nas inmediacións.
O goberno de Lara Méndez, dende a área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira, convida aos mozos e mozas de Lugo a sumarse á celebración da Festa da Xuventude en pantuflas.

A concellería de Medio Ambiente subsanou esta semana o saneamento da rúa Paxariños corrixindo así o afundimento que, durante moito tempo, sufriu a calzada neste punto de San Roque.
Molestias por ruídos no interior de vivendas

A área de Medio Ambiente procedía hoxe a iniciar o acondicionamento da Volta da Viña, dentro do programa de roza anual municipal.
Este venres, 15 de maio, abrirá o prazo de inscrición para a primeira acción formativa da estratexia ‘Lugo Seguro’, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez para axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, proporá aos grupos municipais da Corporación lucense outorgarlles as Medallas de Ouro deste ano aos colectivos de profesionais que nesta pandemia están a cubrir os servizos esenciais para protexer e coidar á veciñanza.

Garantir a actividade municipal coa total seguridade para a saúde do persoal e da poboación en xeral.

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, continúa dende hoxe os traballos de rexeneración e mellora das estradas municipais logo de que estes labores quedaran interrompidos a mediados do mes de marzo polo decreto do Estado de Alarma.
Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudiron sobre as 21:45 horas do día 11 de maio a unha vivenda dun edificio da rúa Rafael de Vega xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade caera dentro do piso e non era capaz de levantarse.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 595
- 596
- 597
- 598
- 599
- 600
- 601
- 602
- 603
- …
- seguinte ›
- última »