
O Concello de Lugo instou á Xunta de Galicia a limpar a Muralla e cumprir, deste xeito, coa súa obriga de mantemento deste Ben Mundial.

Esta mesma semana deu comezo a renovación do céspede artificial nos campos de fútbol I e II das Gándaras.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciou no día de hoxe os grupos cos que contará esta fin de semana a iniciativa musical Muralleando Sen Parar, que aportará un fío musical ao redor da Ronda da Muralla con 36 formacións musicais lucenses de todos os estilos.
Auxilio a cidadáns

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou á veciñanza do barrio da Milagrosa do inicio dos traballos de adaptación do novo Plan de Tráfico.

O Concello de Lugo abriu o prazo para que as empresas interesadas no subministro de material para a execución das obras do Plan de Emprego Muramiñae Rehabilita presenten as súas ofertas.

O Concello de Lugo acometerá, de forma subsidiaria os labores de desentullo no inmoble número 48 da Rolda da Muralla, co fin non só de garantir a estabilidade do edificio senón tamén a seguridade de toda a cidadanía.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse esta mañá cos xefes de servizo do Concello para avanzar a folla de ruta para a modernización da Administración, e agradeceulles o traballo realizado durante esta pandemia.

A área de Deportes investirá 349.593’2 euros na renovación do céspede artificial dos campos de fútbol das Gándaras.

A área de Medio Rural informa de que esta mesma semana deron comezo as obras para completar a rede de abastecemento na parroquia de Orbazai.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 583
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- 589
- 590
- 591
- …
- seguinte ›
- última »