Esta tarde comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.
Ata esta mesma tarde estará aberto o prazo de inscrición nos dous grupos:
- Grupo de 13 a 17 anos ( os venres de 19.15 a 21.15 horas)
- Grupo de 18 a 30 anos (os sábados de 9.30 a 11.30 horas)

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou esta mañá que o Concello de Lugo decidiu pechar de xeito provisional o carril dereito en dirección Orbazai da Ponte de Mera ante o perigo de derrubamento rexistrado logo das choivas dos últimos días.
O Concelleiro explicou que a Ponte está afectada por danos na estrututa, polo que se tomou a decisión de pechar a marxe afectada ao tráfico e estudar o tipo de actuación a desenvolver para recuperar a seguridade da infraestrutura.
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, organizan o VIII Torneo de Xadrez do Entroido, englobado dentro do circuíto Camiño do Scacorum.
Este torneo celebrarase no Centro de educación López Mella o sábado día 6 de febreiro dende as 16:15 horas ata as 19:00 horas.
* A Comisión reunirase de novo o próximo venres para decidir os participantes no foro que consensuará o documento
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Comisión Executiva do Plan de Mobilidade na que se acordou comezar o proceso de participación cidadá convocando unha presentación pública para finais do mes de febreiro.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e César Souto, membro do comité organizador, presentaron esta mañá o Campionato Provincial de Kárate Infantil que terá lugar o vindeiro domingo 31 de xaneiro.
Serán un total de 200 participantes os que compitan nas seguintes categorías:
- Benxamín (Masculina e feminina)
- Alevín (Masculina e feminina)
- Infantil (Masculina e feminina)
- Xuvenil (Masculina e feminina)
A X Mostra de Teatro Clásico organizada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo arrinca o vindeiro domingo 31 de xaneiro coa representación de ¿De cuando acá nos vino? de Lope de Vega da man da compañía nacional de Teatro Clásico.
O Concello de Lugo, como membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, fai un chamamento a todas as Administracións, entidades e cidadáns para que fagan un esforzo solidario e colaboren coas súas doazóns co proceso de reconstrución de Haití, que se prevé extraordinariamente custoso e longo, após a dramática situación, en termos humanos e materiais, provocada polo terremoto padecido polo Estado caribeño o pasado 12 de xaneiro.
* Anuncia que ven de licitarse o proxecto de renovación de pavimentos para as Rúas San Froilán, Rúa Nova e Rúa da Raíña
* Proximamente licitarase o proxecto de rexeneración de firmes en Camiño do Souto cun orzamento de 121.134,07 euros
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, mantén que a auga de Lugo é potable e polo tanto, apta para o consumo humano. A pesar das queixas recibidas nos últimos días, as analíticas levadas a cabo polo departamento que dirixe Lino González, non arroxan resultados que indiquen que a auga non é potable.
O resultado das analíticas é que non hai substancias graxas, hidrocarburos, nin substancias estrañas que desaconsellen o seu consumo.
O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González, decidiu trasladarlle hoxe ao Seprona e á Consellería de Sanidade as queixas que os veciños están efectuando en relación coa suposta presenza de substancias estrañas na auga da traída.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1535
- 1536
- 1537
- 1538
- 1539
- 1540
- 1541
- 1542
- 1543
- …
- seguinte ›
- última »