
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou este martes na gravación dun documental, posto en marcha pola fundación holandesa Built by Nature, unha das entidades promotoras da rede Mass Madera á que pertence o Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo Paula Alvarellos, acompañada pola edila responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou esta mañá as tarefas de acondicionamento que se están levando a cabo na contorna do circuíto Jorge Prado de cara a proba do campionato do m

Os edís de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, participaron este luns na presentación da sexta edición da media maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, organizada polo diario El Progreso, coa colaboración do Concello.

A obra de remodelación e peonalización da Praza do Ferrol e a súa contorna, enmarcada dentro do proxecto Corazón Verde, chega á súa fase final coa instalación do mobiliario urbano.

A edil de Cohesión Territorial Ana González Abelleira reuniuse esta semana coa veciñanza das parroquias de Monte de Meda e Santiago de Saá.
A Tenencia de Alcaldía a través da Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento retoma un ano máis as actividades de hortos escolares nos centros de ensino públicos para as e os estudantes de sexto de infantil, organizadas en colaboración coa Tradescola.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Xuventude e Deportes que dirixe Jorge Bustos, ven de optimizar o funcionamento das piscinas de Frigase e As Pedreiras con varias intervencións de carácter técnico nos sistemas hidráulicos e eléctricos destes complexos.

A cuarta proba do XXII Circuito Larsa Corre con Nós 2024 reunirá este domingo a máis de 600 atletas de todas as idades nun circuíto de asfalto, con saída e chegada desde o aparcadoiro inferior do estadio Anxo Carro, discurrindo as probas polo entorno da Es

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou Orbazai, onde rematou unha das actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro cos pedáneos e pedáneas do municipio para tratar diversos temas de interese para as zonas rurais do concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »