
O edil de Ddinamización Económica, Mauricio Repetto, mostrou esta mañá a súa satisfacción polo anuncio no DOG de hoxe da incoación do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural.

A actual edición do Arde Lvcvs practicamente duplicou o número de empresas patrocinadoras, pasando de 14 a 26, o que supuxo tamén unha maior recadación fronte a outras edicións, ata acadar os 112.000 euros que se sumaron ao orzamento total.

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presentou esta mañá, xunto ao delegado territorial da Once en Galicia, Manuel Martínez, o cupón que a citada organización porá a venda o vindeiro martes, día 11, e que ten como imaxe protagonista a rúa da Raíña.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que vén de abrir o período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2024-2025.

A área de Participación do Concello de Lugo organiza dende o 3 ao 9 de xuño unhas xornadas para celebrar o aniversario da creación do Consello Internacional de Arquivos pola UNESCO, datada no 9 de xuño de 1948.

A concelleira de Benestar Social xa ten ultimadas as actividades, quendas e condicións que rexerán o funcionamento do programa “Aulas Abertas” para os meses de xullo e agosto, co obxectivo de garantir a conciliación familiar e laboral, un dos principais obxectivos nesta área do Executivo de Paula

A área de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jorge Bustos, organiza un curso gratuíto de iniciación ao piragüismo dentro do +XTÍ, unha programación impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa, visitaron o posto de atención turística da praza Maior, que comezou a funcionar hoxe.

A zona peonil da Ronda da Muralla, á altura da Mosqueira, serviu hoxe como punto de encontro para a presentación do programa do Arde Lvcvs 2024, unha edición que ofertará máis de 300 actividades, entre as que figuran importantes novidades, enfocadas a exaltar a recreación histórica, a potenciar a
A empresa Alsa ratifica a súa colaboración co Concello de Lugo e en particular coa celebración do Arde Lvcvs e un ano máis ofertará descontos do 25 por cento no custo dos billetes para viaxar a Lugo entre os días 11 e 18 de xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »