
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da 22ª edición do certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 14 de xullo.

Por primeira vez e para recoñecer o grao de implicación dos centros de ensino lucenses, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, impuxo unha insignia distintiva desta edición vixésimo terceira, en cada un dos estandartes que portaban os representantes dos centros de ensino que asistiron ao desfile,

A área de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jorge Bustos, abre este luns, 17 de xuño, as inscricións para unha nova actividade do programa +XTÍ: o curso de Iniciación á Hípica e coidados básicos.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, foron os encargados de facer entrega esta mañá dos premios Civitas Honoris cos que se distingue a implicación no Arde Lvcvs.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, anunciou hoxe que o Coliving artístico municipal empezará a funcionar ao longo das vindeiras semanas.

O Concello de Lugo vén de actualizar os contidos das pantallas dixitais interactivas situadas no exterior do edificio de Novas Tecnoloxías, na Praza Anxo Fernández Gómez, con información sobre a nova edición do Arde Lucus, que dará comezo esta mesma tarde.

O executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández, habilitará un dispositivo especial de limpeza viaria e recollida de lixo durante o Arde Lvcvs.

O Concello de Lugo abriu hoxe o prazo de solicitude para a organización das cacharelas de San Xoán. A celebración, unha tradición con moito arraigo na cidade, poderá realizarse por terceiro ano consecutivo despois das medidas preventivas que a cancelaron ao longo da pandemia.

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá no Concello de Lugo aos representantes de A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui, que xunto a Lugo son as sete cidades das antigas capitais do reino de Galicia que realizan a Ofrenda a

O edil de Ddinamización Económica, Mauricio Repetto, mostrou esta mañá a súa satisfacción polo anuncio no DOG de hoxe da incoación do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »