O Executivo de Alvarellos mostra a súa satisfacción polo inicio do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

En febreiro de 2020, a corporación aprobou, apoiando ao Bispado, instar o Goberno autonómico a que a Ofrenda alcanzase esta catalogación.

"É un anuncio polo que levabamos tempo esperando e, aínda que esta posible declaración atópase nunha fase aínda inicial, as súas implicacións para a conservación deste ritual son efectivas desde hoxe mesmo”, apuntou Mauricio Repetto.

O edil  mostrouse moi crítico con Candia, quen no pasado pleno tentou adxudicarse este traballo ao presentar unha proposición sendo coñecedora do acordo municipal e do anuncio do expediente para o proceso de catalogación.

Venres, 07 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Alvarellos mostra a súa satisfacción polo inicio do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

O edil de Ddinamización Económica, Mauricio Repetto, mostrou esta mañá a súa satisfacción polo anuncio no DOG de hoxe da incoación do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural. “É unha nova pola que levabamos tempo esperando e, aínda que esta posible declaración atópase nunha fase aínda inicial, as súas implicacións para a conservación deste ritual son efectivas desde hoxe mesmo, xa que ata o fallo final por parte da Xunta, de momento, o seu nivel de protección é igual ao da declaración definitiva. Por tanto, congratulámonos do traballo levado a cabo desde o Bispado en colaboración co Concello de Lugo para lograr este obxectivo”, sinalou o edil.
 
“Alcanzar esta catalogación supón sobre todo preservar o futuro  dunha celebración única que leva desenvolvéndose na nosa cidade desde 1669, pero ten máis implicacións para Lugo e para os seus veciños e veciñas. Desde o Goberno local esperamos capitalizar este patrimonio inmaterial para profundar na nosa estratexia de consolidar ao noso municipio como un referente turístico a nivel peninsular pola súa riqueza histórica e patrimonial”, apuntou Repetto.

“En febreiro de 2020, a corporación aprobou, apoiando ao Bispado, instar o Goberno autonómico a que a Ofrenda fose declarada BIC. Catro anos despois por fin móvese ficha por parte da Xunta. Xa era hora”, explicou o concelleiro, quen se mostrou moi crítico coa actitude da portavoz do Grupo Municipal Popular, que no pleno do pasado mes de maio tentou adxudicarse todo este traballo ao presentar unha proposición neste sentido cando xa era coñecedora do acordo da corporación de 2020 e cando sabía do inminente anuncio do inicio do expediente para a catalogación da Ofrenda como BIC.

“Lamentablemente, e sen saír do noso asombro, estamos a afacernos á forma de actuar da señora Candia, quen sempre tenta parasitar o traballo do Goberno local e dos distintos axentes públicos en beneficio propio. Na sesión plenaria quedou en evidencia unha vez máis a súa estratexia política, coa que non fai máis que demostrar a súa forma de subestimar á sociedade lucense nunha actitude, canto menos, ofensiva. Se presentando un papel pensaba que ía capitalizar o traballo iniciado fai case un lustro por ambas as institucións estaba moi equivocada. É unha magoa que a primeira petición de Candia á Xunta no Concello de Lugo sexa algo xa acordado polo pleno, en vez de posicionarse nas reivindicacións de sanidade, vivenda ou educación ”, concluíu Repetto.

Audio

  • O edil de Ddinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre o BIC | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo de Alvarellos mostra a súa satisfacción polo inicio do expediente para poder declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

Noticias relacionadas