
O programa +Xtí desenvolverá na Praza Maior, os días 17 e 18 de xullo, as xornadas de sensibilización na rúa CONDUCERO.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a apertura do procedemento de licitación para dotar ás festas de San Froilán e ao Nadal de alumeado ornamental nas rúas.

O executivo de Paula Alvarellos facilita a conciliación familiar na época estival grazas á cesión das instalacións deportivas municipais, xestionada pola área de Xuventude e Deportes, a un total de 16 campamentos que se desenvolverán ao longo do verán.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Xuventude e Deportes, organiza o I Torneo 3x3 +Xtí de Baloncesto coa colaboración da Fundación Breogán.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Xuventude que dirixe Jorge Bustos, busca involucrar á mocidade no embelecemento de espazos vinculados co ocio xuvenil.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou unha nova edición do ciclo de poesía Versos na Barraca, que volve un ano máis á praza da Mosqueira para achegar unha proposta "única en toda galiza" ás tardes dos xoves.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Bruno López Rodríguez (ELERRE), deseñador gráfico e membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Elsa Vázquez Martínez, pintora e profesora no IES de Lalín e a Cándido Díaz Mosq

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, inaugurou hoxe o primeiro Coliving artístico municipal dedicado ao arte, no que supón ademais un novo impulso á revitalización do barrio do Carme.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acudiron hoxe á inauguración da mostra elaborada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, dentro da súa política de

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello aos xogadores, corpo técnico e directiva do Lugo Sala, con motivo do ascenso a Segunda División que o conxunto lucense acadou a pasada fin de semana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »