
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas a praza Maior acollerá a exposición Mexicráneos, unha mostra da cultura mexicana arredor da morte e das celebracións que realizan polo "día de los muertos".

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, valorou os obradoiros infantís que se celebraron ao longo do ano nas instalacións do Mercado Municipal.

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo colabora coa Casa Grande de Xanceda na homenaxe ao rural galego organizada baixo o nome "un monuUumento ao rural".

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que se veñen de reeditar os planos turísticos de Lugo, que elabora a área de Turismo para "facilitar que as persoas que nos visitan poidan coñecer os principais puntos de interese da cidade".

O Executivo de Paula Alvarellos está a traballar na futura humanización e recuperación da Praza do Castiñeiro, un proxecto que se levará a cabo con varias actuacións, pero cunha intervención principal como é o novo mural que presidirá este espacio público.

O Coliving Artístico Municipal de Lugo impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos acollerá, o vindeiro martes 30 de xullo ás 18.00 horas, a súa primeira sesión de escoita, un evento aberto a axentes e colectivos culturais da cidade.

O Plan de Sostibilidade Turística “Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, segue a avanzar na súa implementación grazas á reunión técnica da mesa de participación celebrada hoxe.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello ao director da Banda Municipal de Música, David Fiuza, quen lle comunicou formalmente a semana pasada a súa intención de reincorporarse ao cargo, a partir de setembro, tras o seu período de excedencia.

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron no Vello Cárcere a exposición Xaquín Marín.

Lugo se sumou o pasado 28 de xuño ao resto de cidades que celebraron o Día Internacional do Orgullo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »