
O Executivo de Paula Alvarellos colabora un ano máis coa feira da cerveza artesá Arde Lúpulus que reunirá, dende mañá xoves ata o vindeiro domingo, na Praza de Santa María a máis dunha decena de produtores chegados dende varios puntos da xeografía española.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto da edición 2024 do San Froilán a cargo da cantante María Rodés, dentro da xira do 10º aniversario do seu disco "Canta copla".

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou unha nova exposición que se une á oferta cultural do Concello de Lugo.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto a cargo de Dollar Selmouni para o San Froilán 2024. A Horta do Seminario contará o sábado 5 de outubro a partir das 22:00 cunha das voces soul do urban máis de rúa.

A área de Benestar Social e Maiores, que dirixe a edil Olga López Racamonde colgou o cartel de completo nas dúas excusións organizadas para maiores e para a crianza que participa no programa de conciliación de Aulas Abertas urbanas.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, quixo aproveitar o descenso de ritmo da axenda institucional neste mes de agosto para revisar, con detalle, os almacéns que o Concello ten na Casa da Xuventude e no Vello Cárcere e nos que se conservan centos de pezas antigas, recuperadas ao longo de décadas

Este venres, a Corporación municipal de Lugo participou nos tradicionais actos conmemorativos da festividade de San Roque, unha celebración que se mantén viva na cidade dende o ano 1768.

O Concello de Lugo renovou hoxe, 15 de agosto, a ofrenda da cidade á súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes. A comitiva partiu da Casa Consistorial este mediodía e percorreu as rúas do centro ata chegar á Catedral, onde se oficiaron os actos relixiosos.

O Executivo de Paula Alvarellos acondicionará 22 sendas no entorno rural e urbano do Concello de Lugo con cargo ao Plan de Sostibilidade Tutística, “Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou hoxe que o Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »