
Nuria Mundiña destacou a alta participación da cidadanía nas festas do entroido e salientou a magnífica acollida do Entroido Larpeiro
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe as tres obras teatrais que compoñen o programa Teatro Galego que se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire durante os xoves 17, 24 e 31 de marzo.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, o Presidente da Asociación de veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimonde, e varios dos compoñentes dos grupos que participarán no I Festival da Mocidade, presentaron esta mañá o programa de festas do barrio lucense de As Gándaras, que este ano conta coa novidade dun concerto a cargo de grupos da cidade.
O Voceiro do Goberno local mantén que a rebaixa no prezo do solodo polígono axudaría a atraer empresas e crear emprego en Lugo
O concerto será o venres día 11 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio Gustavo Freire. As entradas poden mercarse a través da web www.servinova.com
O Auditorio Gustavo Freire acollerá este venres, día 11 de marzo, un concerto do cantante Roi Casal, incluído na xira de presentación do seu novo disco, Máxicamente vello. A cita será as 21.00 horas, e as entradas poden adquirise a través de www.servinova.com ou unha hora antes da actuación nas taquillas do Auditorio.
A Biblioteca Municipal acollerá mañá xoves, día 10 de marzo, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura, que se está a desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, achega ata o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos.

O Gran Concurso de Disfraces Infantil terá lugar o sábado día 5 de marzo ás 17.00 horas na Praza da Soidade
Mañá, venres día 4 de marzo, será o último día para inscribirse no Gran Concurso de Disfraces Infantil, que terá lugar o sábado día 5 ás 17.00 horas na praza da Soidade e que discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

O Alcalde participou na inauguración do Hospital Universitario Lucus Augusti
O Alcalde, José López Orozco, pediulle á Xunta que atenda as necesidades de Lugo e máis en concreto do barrio da Residencia dándolle un novo uso ó vello Hospital.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela asistiron onte á inauguración da exposición Noite Aberta que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, visitaron onte pola tarde aos alumnos e alumnas que están a participar nun curso de técnica vocal que se está a impartir na Casa da Música. Nesta visita tamén aproveitaron para ver e coñecer a dous grupos da cidade que se atopaban ensaiando.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- …
- seguinte ›
- última »