
As festas de San Froilán contarán este ano entre os concertos musicais destacados co fenómeno Auryn, un quinteto madrileño de pop que arrastra a milleiros de mozos a cada unha das súas actuacións; Los Chikos del Maíz, un grupo valenciano de rap que combina nas súas letras denuncia ácida e sarcasm

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves na Praza do Castiñeiro o programa Mó-ve-te con nós, que inclúe alternativas de lecer e cultura na rúa dirixida aos máis novos, que a delegación organizou en resposta ás peticións veci

Preto de 9.000 persoas pasaron en xullo pola oficina de turismo municipal e os museos da cidade. O centro de atención ós turistas da Praza do Campo atendeu a máis de 5.300 persoas, o que supón un aumento do 20% con respecto ao mesmo mes do ano pasado.

O Concello colabora con este certame cunha achega de 15.000 euros. “Enmárcase na nosa aposta por promover un turismo do século XXI: cultural, gastronómico, accesible, interactivo e ben posicionado”, subliñou Méndez

O Concello de Lugo pon en marcha un programa de visitas turísticas guiadas gratuítas para impulsar o Camiño Primitivo, declarado recentemente Patrimonio da Humanidade, ao seu paso por Lugo.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de presentación de ofertas para instalar casetas e caldeiros do polbo durante as Festas do San Froilán. Os interesados poden presentar as súas propostas, ben na Oficina de Rexistro do Concello ou por correo postal.
O prazo para inscribirse nas excursións á praia subvencionadas polo Concello amplíase ata completar todas as prazas, 55 por viaxe. Os interesados aínda se poden apuntar no Centro de Convivencia de Fingoi, de 10:00 a 13:00 horas.
Entre este martes e o xoves desenvolverase o proceso de selección dos 23 beneficiarios do obradoiro de emprego Cultur@Lvcvs, que dende primeiros de agosto e ata o 31 de xaneiro recibirán formación especializada en cultura e turismo para mellorar as súas oportunid
O Concello de Lugo, xunto ao Município portugués de Tábua e a organización Rete Educare ai Dirittti Umani de Italia, beneficiarios do proxecto de emprendemento social e xuvenil YOUNG LAB, que financia o programa europeo Erasmus+, impulsan unha iniciativa conxunta a través da que 50 mozos de Españ

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón organiza o XI Clinic Lugo é Basket Hierros Ferreiro o vindeiro domingo, 19 de xullo no Pazo Provincial dos Deportes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- …
- seguinte ›
- última »