
O Presidente, Darío Campos Conde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, participaron este sábado na primeira xuntanza de palilleiras que acolle a cidade de Lugo.

O Arde Lvcvs este ano contará con máis de 300 actividades, das que unhas 40 son novas con respecto a edicións anteriores, aínda que tamén se manteñen as máis clásicas.
O Concello de Lugo informa de que o prazo de solicitude para a celebración de fogueiras en San Xoán estará aberto ata o día 23, segundo o bando da Alcaldía que vén de ser publicado, no que se recollen as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras de San Xoán.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, inauguraron este xoves na Capela de Santa María a exposición do PalillAD, que amosa como se mestura o arte de palillar coa moda e a decoración.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves un encontro con representantes da Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música, aos que trasladou a vontade do Goberno de seguir potenciando o centro a través de varias liñas fundamentais de actuación.

O Concello difunde as potencialidades de Lugo dende este xoves e ata o vindeiro sábado en Expocidades 2017, a mostra de turismo das cidades do Eixo Atlántico, que acolle o municipio portugués de Vila Real, concretamente a Alameda de Grasse, en horario de 11:30 a 22:00 horas.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou este xoves de que mañá, 16 de xuño, se abrirá o prazo para inscribirse na carreira popular nocturna, que se celebrará o 30 de xuño, polo adarve da Muralla.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o tesoureiro e o vogal da Asociación Mercenarios Galaicos, Ricardo Vilariño e Julio Montero, respectivamente, presentaron este mércores, no patio do Vello Cárcere, a primeira moeda castrexa do Arde Lvcvs.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, acompañados de palilleiras da provincia, presentaron este luns na Praza de San Marcos, o PalillAD.

Lugo volve abrir as portas da súa Muralla para recordar a súa fundación e o seu esplendoroso pasado romano co Arde Lvcvs.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- …
- seguinte ›
- última »