
A programación do +Xtí, organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, ofrece para os vindeiros días diversas xornadas de cultura urbana en distintas prazas da cidade. Todas as actividades serán de balde.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este venres algunha das novidades da programación musical do San Froilán 2018.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este xoves, no Vello Cárcere, a exposición Desenterrar o pasado: un percorrido pola arqueoloxía de Lugo, unha mostra que serve de resumo e reflexión do acontecido na arqueoloxía de Lugo nas últimos 30 anos.
O Concello de Lugo ten preparadas para agosto dúas xornadas para sensibilizar sobre o uso indebido de alcol e drogas, dentro do programa de actividades do +Xtí, subvencionadas polo Plan Nacional de DrogasSerá os días 9 e 23 na Praza Horta do Seminario, de 16:30 a 21:00 horas e están dirixidas á m

O Vello Cárcere recreará desde este xoves, 2 de agosto, os últimos 30 anos de excavacións arqueolóxicas en Lugo.
A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para autorizar a instalación das catro casetas e os catro caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán deste ano e o vindeiro reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo municipal para abrir as catro ofertas


O Concello e a Deputación de Lugo poñen en marcha unha nova programación lúdico-cultural, totalmente gratuíta e para todas as idades, durante o mes de agosto, por distintas prazas da capital lucense.

A programación musical arrincará este domingo na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro

O festival recentemente anunciado Caudal Fest 2018, que terá lugar os próximos 21 e 22 de setembro en Lugo, vendeu máis de 6000 entradas nas primeiras 24 horas nas que estiveron dispoñibles á venda.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- …
- seguinte ›
- última »