A programación musical arrincará este domingo na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro. O horario para as distintas actuacións musicais, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas

A programación musical arrincará este domingo na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro
O horario para as distintas actuacións musicais, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten preparada nova programación itinerante de rúa para este verán. Trátase dos Dubmingos, distintas actuacións de reggae, que levará a cabo GudariDub e MaisLume Kolektive.
A programación arrincará este domingo, 29 de xullo, na Rinconada do Miño. Continuará o 12 de agosto na Praza da Soidade e o 26 de agosto en Campo Castelo. A última sesión volverá a ter lugar na Rinconada do Miño o 9 de setembro. O horario para todas as actuacións, que achegarán boas vibras ás prazas da cidade de balde, é de 14:00 a 21:00 horas.
Carmen Basadre convidou á cidadanía a participar nesta programación novidosa na cidade que amenizará o casco histórico de Lugo dunha forma moi atractiva