A festa de benvida ao Nadal que organiza mañá o Concello na Praza Maior a partir das 18:00 horas incorpora unha granxa, un circo e un castelo inchables, para que os máis cativos e cativas gocen da chegada destas datas.

Os equipos deportivos da cidade CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo súmanse á festa que ten preparada o Concello este venres para darlle a benvida ao Nadal, a partir das 18:00 horas. Estas actividades arrincarán cun reparto de globos entre os nenos e nenas.
O Concello de Lugo, en colaboración con Lugo Xusta, organiza este venres, a partir das 17:30 horas, unha obra de teatro para concienciar ás familias da importancia dun consumo responsable durante as festas de Nadal. Trátase da obra Sencilleces, de Xucrut Teatre.

Lugo recibirá este venres ao Nadal, con distintos actos lúdicos, a partir das 18:00 horas na Praza Maior.

O Vello Cárcere de Lugo acollerá, nas celas da segunda planta, unha extraordinaria selección de cadros da Serie Amarela do artista de prestixio mundial, Xaime Quesada.

O Arde Lvcvs vén de gañar o premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario.
A Xunta de Goberno deu luz verde este mércores á contratación da obra de acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares.

Un ano máis, Concello, Deputación e Pazo de Feiras e Congresos, unha vez máis, súmanse e danse a man para promover unha nova edición dun evento xa clásico do Nadal para o lecer familiar, o XuvenLugo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre presentou este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as actividades que programou o Concello para esta Ponte de Decembro.

Os actos conmemorativos organizados polo Concello con motivo do 18 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade teñen este venres a súa xornada central.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- …
- seguinte ›
- última »