
A zona infantil que habilitou o Concello na Praza de Abastos a finais do pasado ano, en resposta a un dos proxectos gañadores Orzamentos Participativos, para programación de conciliación nos disintos períodos vacacionais, abre nesta Semana Santa.
Tres son as citas do Arde Lvcvs Cvltvral para esta semana. Concretamente hoxe xoves, 11 de abril, celébrase a terceira cata con Baco, o deus romano do viño.

Tras o seu paso polo encontro deportivo do Breogán, Marco Topo volve a deixarse ver en Lugo.
O xurado profesional do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu outorgar o premio deste concurso a Xosé Antonio Neira Cruz, pola obra titulada Veleno de tinta imprensa.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana Abelleira, promove, a través da Casa da Muller, o obradoiro Danzando a sororidade, unha proposta que busca reforzar a autoestima das mulleres e nutrir a súa confianza, empatía, afectividade e cooperación necesarias p

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, presentaron, este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Ciclo de curtos contra a Violencia de Xénero.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que hoxe luns, 8 de abril, é o último día para inscribirse no Mercado Cultural de Primavera, que acollerá en Semana Santa o Vello Cárcere.

Lugo participa na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH) que se celebra esta fin de semana na localidade turolense de Mas de la Matas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as actuacións para o segundo trimestre do ano do segundo ciclo concertos Liberdades Sonoras, unha iniciativa lúdico-cultur
O Arde Lvcvs Cvltvral, a programación de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, trae mañá xoves, 4 de abril, unha nova cata con Baco, o deus romano do viño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- …
- seguinte ›
- última »