
O Concello de Lugo organizou este xoves, con motivo do Día de Europa, e como cada ano polo 9 de maio, unha programación de actividades divulgativas co fin de achegarlle á veciñanza a realidade europea e poñer en valor a pertenza á Unión Europea.

O Concello pon en marcha un novo ciclo de animación á lectura e contacontos na Biblioteca Municipal Isidro Novo, no que poderán participar en total 160 nenos e nenas ata o 26 de xuño.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este luns unha nova iniciativa coa que Lugo conmemorará o Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio.

Lugo volverá cantarlle ás Letras Galegas. Así o avanzou este luns a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes dalgunhas das agrupacións corais e orfeóns que ofrecerán unha actuación, o propio 17 de maio.

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebra este xoves, 9 de maio, o Día de Europa con distintas actividades.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, xunto a un representante do colectivo Lugo Xusta, Héctor Otero, presentaron este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación, organizada por ambas entidades, para conmemorar a Semana do Comercio Xusto

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a un representante da Sociedade Filharmónica de Lugo, José Luis Díaz, presentaron este venres, no patio do Vello Cárcere, a XLVII Semana de Música do Corpus.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, deu a coñecer este venres, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, o festival Con sumo galego, que mistura produtos da terra, con arte, cultura e idioma.
Hoxe xoves, ás 20:00 horas comeza o Ciclo de cine aqueolóxico do Arde Lvcvs Cvltvral, coa película Enxeñería romana: Acueductos II, dunha duración de 50 minutos.

O músico Javier Krahe ten dende hoxe a súa propia escultura en Lugo, concretamente na zona verde da rúa Paxariños, realizada polo artista lucense de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia, Juan José López Martínez, coñecido como Juan Lomarti.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- …
- seguinte ›
- última »