
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Miguel Díaz Valdés, presentaron no día de hoxe o concerto co que a Banda Filharmónica de Lugo homenaxeará, este venres, a Indalecio Fernández Groba, que foi director da Banda Municipal entre o 1979 e o 1991.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, vén de facer públicos os actos que dende a Concellería se organizan co gallo do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
Visibilizar para sensibilizar.

O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, amosou a man tendida do Goberno de Lara Méndez para cooperar na rehabilitación de inmobles do casco histórico coa Xunta de Galicia, que é a administración que ten as competencias en materia de vivenda.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, participou no proxecto A Muralla e ti xunto con centos de persoas que xa se animaron a retratarse na primeira xornada na que se iniciou este proxecto da Área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo.

O Cemiterio Municipal continúa a acoller actividades coas que, dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza, se pretende, segundo indicou Cristina López, “poñer en valor o patrimonio funerario e mostrar a cara máis cálida e emocional do noso Cemiterio”.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, iniciou, na Casa das Linguas, unha serie de visitas ás instalacións municipais dependentes da súa área.
Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou a posta en marcha do XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo.

Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola de Música ofreceu un concerto no Vello Cárcere, no que as catro agrupacións que compartiron escenario amosaron a calidade das músicas e músicos da Escola.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiron hoxe á Praza de Abastos onde convidaron a ás praceiras e praceiros ao acto de acendido da iluminación de Nadal da Praza de Abastos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- …
- seguinte ›
- última »