
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou o parque de bombeiros, onde están situadas as carrozas que o vindeiro domingo formarán parte da cabalgata de reis que a área de Cultura titulou “A viaxe dun soño”.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, dentro da programación do auditorio Gustavo Freire, o ciclo Lugo é Danza.

A Concellería de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, presentou esta maña o novo material para traballar en clase, visual e con presentación lúdica, destinado a actuar sobre os perigos das drogas con e sen substancia nas etapas de primaria e secundaria.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que se enviou ás asociacións de Taxistas e Hostalería un protocolo de actuación para que as persoas asociadas poidan axudar na atención de casos de acoso ou violencia machista na noite de fin de ano.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a campaña Lugo Km 100, que pretende ser “unha aposta seria para fomentar o turismo e poñer en valor a cidade e os diferentes camiños a Santiago que a atravesan”.

A programación de Nadal das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Participación e Servizos para a Veciñanza continuou no día de hoxe coa visita do Apalpador á Praza de Abastos, acompañado pola animación musical da Foliada de Bosende e cos Brinquedos de Nadal no MIHL, con espazo de xog
O Concello de Lugo, atendendo ao compromiso adquirido pola rexedora, Lara Méndez, coa Plataforma Cidadá na Defensa da Rehabilitación do Cuartel de San Fernando, está organizando unas xornadas de debate, análise e conferencias sobre a posta en valor do patrimonio galaico romano na que participarán

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocaba e presidía esta mañá unha Mesa Técnica de Seguridade para planificar o dispositivo co que se desenvolverá a

A Casa de Xuventude acolle durante estas semanas clases de pilates, ioga, danza oriental e fusión, tenis de mesa e zumba dirixidas á mocidade lucense así como dúas novas sesións de Escape Room, previstas para o luns, día 30, a primeira en horario de mañá (de 12:30 a 13:30 horas) e
A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que a partir das 17:30 do vindeiro venres, día 27, o Apalpador visitará a Praza de Abastos, acompañado pola animación musical da Foliada de Bosende.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- …
- seguinte ›
- última »