Maite Ferreiro presenta LED, ciclo de programación cultural arredor da danza e das artes do movemento

Maite Ferreiro: “Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”

Maite Ferreiro: “Queremos apostar polo traballo das artistas galegas, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas”

Xoves, 02 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, dentro da programación do auditorio Gustavo Freire, o ciclo Lugo é Danza. “LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, indicou Maite Ferreiro.

“O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “cada artista convidada ofrecerá un obradoiro aberto previo á función, e mensualmente realizaranse palestras divulgativas en distintos espazos da cidade”.

“Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “hai aínda actividades que non presentamos por estaren aínda en proceso de deseño”.

Programación Lugo En Danza

  • Mercedes máis eu, de Janet Novás. 10 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Up2down, de Traspediante. 7 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • 3 pezas curtas: Novos Creadores, de Alba F. Cotelo, Em.Na, de Colectivo Glovo e Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte. 7 de marzo ás 20:30 horas no MIHL
  • As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta. 3 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Leira, de Nova Galega de Danza. 24 de abril horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Hara, de Andrés Corchero. 29 de maio ás 20:30 horas no MIHL

Programación de teatro e música para público adulto e familiar

  • Patapum, de Elefante Elegtante, 12 de xaneiro
  • Curva España, de Chévere, 19 de xaneiro
  • Trogloditas, de Tanxarina Títeres, 26 de xaneiro
  • Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, 29 de xaneiro
  • Feo, de Caramuxo Teatro, 2 de febreiro
  • Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro
  • Pinconús, de Pinconús, 5 de abril
  • Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril
  • Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril
  • Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio
  • Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio
  • Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio
  • Crunch, de Muu, 31 de maio
  • O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño

Resto de programación

  • Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo
  • Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo
  • Mostra de teatro universitario: última semana de marzo
  • Semana da danza: última semana de abril

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a presentación de LED | Descargar mp3

Noticias relacionadas