
O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Xuventude, impartirá de xeito online asesorías xurídicas e psicolóxicas destinadas á mocidade lucense, mentres se manteña a actual situación de alerta sanitaria.

A área de Cultura homenaxeará a Xoán Montes este luns, 13 de abril, coincidindo co 180 aniversario do nacemento do músico lucense. “Homenaxeamos nesta data a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal”, afirmou Maite Ferreiro.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua publicou o vídeo resultante da iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza telemática con integrantes da directiva da APEHL para coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector da hostalería durante a crise do COVID-19.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que, para tentar reducir as consecuencias que a crise sanitaria do COVID19 producirá no sector cultural, “dende a área de Cultura estamos traballando para reprogramar o calendario de actividades culturais do 2020”.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a posta en marcha da iniciativa fotográfica #NACASAEDESDEACASA.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, indicou que “durante a duración do estado de alarma decretado polo goberno do Estado, as redes sociais da área de Cultura funcionarán como ferramenta de difusión de contidos de ocio e educativos”.
Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias do goberno do Estado e da Xunta de Galiza, dende a área de Cultura adíanse os espectáculos da XX Mostra de Teatro Clásico. Dende a área de Cultura estase a traballar en confirmar canto antes as novas datas de cada función.

“IMPERIVM“ será, dende hoxe, a imaxe do Arde Lucus para este MMXX.
A área de Muller vén de anunciar que o Faladoiro Feminista no que ía intervir a xurista especializada en dereito de xénero, Marta Busquets, acaba de ser adiado como medida de prevención para frear a posible propagación do coronavirus.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- …
- seguinte ›
- última »