
A Casa Consistorial será o escenario onde se entreguen mañá os cen primeiros estandartes decorativos da XX edición do Arde Lvcvs, deseñados para colgar nas fiestras e balcóns con motivos castrexos e romanos co fin de animar á cidadanía a avivar a chama desta festa de recreación histórica.

O Concello de Lugo inicia os actos de celebración da festividade do Corpus, previos á ofrenda este domingo, día 6. Consistiron nunha misa, ás once, na Praza de Santa María á que asistiu a Corporación lucense presidida pola Alcaldesa.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana G. Abelleira asistiron esta mañá ao evento ‘Lucus In Vino Veritas’. Un evento diferente do sector vinícola, que reuniu a preto de 30 adegas seleccionadas de toda a península.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá a actividade na que colabora o Concello incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021, “Aperitivo Maridaxe” que en menos de 24h agotou o aforo.

Esta fin de semana dan comezo as Rutas Connexio, unha actividade gratuíta que terá lugar tódolos sábados domingos e festivos nos meses de xuño, xullo e agosto, iniciativa incluída no programa Europe Direct da Comisión Europea organizada dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Aurelia Balseiro, Esther Muñoz e Begoña Pérez, que conformaron o xurado que decidirá o cartaz da edición 2021 San Froilán e do San Froilán Miúdo.

As áreas de Xuventude e Benestar Social, que dirixen Mauricio Repetto e Olga López, respectivamente, aúnan forzas para desenvolver o Urban Cores, un evento que nace co propósito de achegar a arte urbana e contemporánea á mocidade en risco de exclusión social.

A alcaldesa, Lara Méndez, acompañada pola edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira, participou esta mañá na segunda edición do Congreso “E para comer, Lugo no Camiño”, organizado pola Asociación Provincial de Empresari

19 días e descontando!
Ás doce desta mañá a alcaldesa de Lugo e os edís de Xuventude, Mauricio Repetto, e Desenvolvemento Local, Ana González Abelleira, iniciaban a conta atrás para o Arde Lucus.

Música de Eloi Caldeiro para encher de melodía os poemas de Xela Arias. Foi a homenaxe que a área de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, lle brindou esta mañá á autora lucense dentro da programación deseñada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- …
- seguinte ›
- última »