
Baile moderno e reggaeton, hip hop, introdución á calistenia e tamén ao skate. Son algunhas das propostas coas que área de Xuventude pretende activar á mocidade lucense no que resta de verán.

Embutidos de Suarna, mel de Rubiá e o Barco, castañas de Allariz, marmeladadas de A Coruña, viño do Ribeiro e aceite de Tras-Os-Montes. Son algunhas das mercadorías que esta fin de semana poderán adquirirse na Feira de Produtos Tradicionais da Eurorrexión.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou no Vello Cárcere a nova mostra de títeres procedente da Colección Viravolta Títeres, que abre hoxe as súas portas.

A área de Sostibilidade Urbana deu hoxe traslado ao Pleno, durante a sesión celebrada esta mañá, da conformidade amosada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural á homoxenización formulada polo Concello para conciliar os niveis de protección que recolle o PEPRI, o Pla

O Concello de Lugo celebra hoxe o Día Internacional da Arqueoloxía coa presentación do libro “Cerámica Antigua en el Noroeste Peninsular” e coa realización de visitas guiadas ás catas que se están executando no barrio do Carme, ao abeiro da estratexia Dusi – Muramiñae.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe o IV Plan de Drogodependencias do Concello de Lugo.

O graffiti de Julio César que lembra o pasado romano da cidade, pintado nun muro de 20 metros de alto e que mira desde a súa atalaia á Muralla de Lugo, está xa finalizado na súa totalidade.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto a Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza a segunda edición do ciclo de concertos Muralleando, que este ano terá lugar na carpa da praza da Soidade,

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, entregaron esta tarde os diplomas aos mozos e mozas que participaron nos cursos de Manexo de carretillas elevadoras e de Carnicería, corte e elaboración de produtos cárnicos, dentro da programación municipal do Fórma-T Xa!

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaron esta mañá a toma de posesión do novo Director da Banda Municipal de Música.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- …
- seguinte ›
- última »