O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou este mércores de que a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o proxecto para a execución da actuación da iluminación do Paseo Fluvial do Río Rato e da estrada LU-P-2925, enmarcado dentro dun convenio de colaboración entre o Concello e a Deput

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, fixo entrega este martes dos premios aos gañadores do IV Concurso de fotografía Estampas de paz e acougo, enmarcado dentro das actividades do día de Defuntos organizadas pola entidade local.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o secretario da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), Jacobo García, e a presidenta da asociación Alto Miño, Salima Castro, presentaron este novo colectivo, que se vén de constituír n
Mañá venres, 4 de novembro, remata o prazo de presentación de fotografía do concurso Estampas de Paz e Acougo, posto en marcha por cuarto ano consecutivo polo Concello dentro da programación que conmemora o Día dos Defuntos.

Membros da Corporación Municipal cumpriron este mércores coa tradicional ofrenda floral aos defuntos lugueses.
A Xunta de Goberno deste mércores aprobou o proxecto de ordenanzas para o 2017.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, visitaron este luns aos comerciantes de produtos autóctonos no seu traslado ao soto da Praza de Abastos, que xa se iniciou o pasado venres.
O Concello de Lugo executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros.
O soto da Praza de Abastos de Lugo abrirá de novo ao público mañá, venres 28 de outubro. Farao para acoller os postos de venda de flores con motivo da proximidade da festividade de Defuntos. Así mesmo, o luns volverán a instalarse os profesionais do sector da florería.
Un ano máis, o Concello reforza o vindeiro día 1 de novembro, día de Todos os Santos, o servizo de autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal de San Froilán, para facilitarlles aos veciños e veciñas o seu achegamento a este espazo nestas datas sinaladas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- …
- seguinte ›
- última »