
A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, recupera, como cada ano tras o inicio das clases, as asesorías dirixidas, exclusivamente, á mocidade lucense.

Hoxe haberá sopa e escalope de ave con arroz, o martes sopa de arroz e tenreira con pataca asada e o venres, por exemplo, crema de cabaciña e raia ao vapor. Estes son tres dos menús desta primeira semana de novembro para as e os usuarios que seguen un réxime astrinxente.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou o proxecto de ampliación parcial da zona antiga do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se executará na única parcela que está aínda pendente de urbanizar.

O persoal do Concello de Lugo regresará, a partir do luns, ao teletraballo.

A Concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, asistiu á presentación no Concello de Lugo, das XXXIV Xornadas Penais Lucenses, Ano CC Concepcion Arenal, a cal tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do Concello de Lugo.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará a contratación da rehabilitación do soto da praza de Abastos.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acollerá o Mercado Especial das Flores entre o 29 e o 31 de outubro, entre as 8 e as 20 horas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo unha reunión con Fernando Rois e José Portomeñe, presidente e secretario da Asociación de Veciños de Albeiros, para escoitar o interese deste colectivo por dedicarlle unha rúa a Luis Soto Camino.

“O primeiro exame para concorrer á praza de director da Banda de Música municipal de Lugo está fixado para o 3 de decembro no edificio do CEI-NODUS, sito ao lado do Parque de Bombeiros, ás 16:00 horas” informou Paula Alvarellos, concelleira de Gobernanza, despois de asinar esta mañá o decreto da

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal durante os días previos ao 1 de novembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »