
A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou unha ofrenda floral co motivo do 8 de Marzo.

O novo edificio Impulso Verde que o Goberno de Lara Méndez está a executar no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico será o primeiro en España e un dos poucos no mundo que logra a prestixiosa certificación de proxecto FSC (Forest Stewardship Council).

A área de Xuventude, que lidera Ana Abelleira, aposta de novo, na programación deste primeiro semestre, por ofrecerlle á mocidade activa de Lugo conferencias online de nutrición.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar continuando co proceso de renovación de liñas de transporte público.

Os edís Cristina López e Alexandre Penas realizaron esta mañá unha visita ao soto da Praza de Abastos xunto con persoal técnico municipal e persoal da empresa encargada da realización dos traballos.

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, propón, dende hoxe, á mocidade lucense afondar no receitario galego a través dunha serie de talleres de cociña online.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que o vindeiro luns comezará unha nova actuación de mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quixo agradecer publicamente o civismos amosados por vendedores e vendedoras do mercado tradicional que se trasladou á praza da Soidade.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou das melloras que se están a realizar na carpa habilitada na praza da Soidade para celebrar o Mercado Tradicional mentres se executen os traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos.

O Goberno de Lara Méndez editará unha newsletter para achegar á cidadanía, actualidade e información sobre actuacións e propostas de vangarda no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático co obxectivo de sensibilizar e concienciar á poboación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- …
- seguinte ›
- última »