A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este martes de que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo vén de conceder ao Concello o proxecto Lugo Smart City, enmarcado dentro a II Convocatoria de Cidades Intelixentes.
O Concello de Lugo ten publicadas en www.lugo.gal as bases do obradoiro de emprego EmpregaTIC para a selección tanto dos 15 alumnos traballadores, así como dos dous monitores e do administrador.
Concello de Lugo, Fundación TIC e El Progreso poñen en marcha un proxecto multimedia de promoción da Praza de Abastos e o Mercado Municipal Quiroga Ballesteros.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a execución do obradoiro de emprego denominado EmpregaTIC, grazas ao que 15 desempregados do Concello recibirán medio ano formación especializada no eido das TIC encamiñada a acadar un nivel adecuado de coñecementos para mellorar a súa inserción laboral.
O Concello de Lugo sumouse este sábado á Carta de Consumo Responsable e Solidario nun acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, o Xerente do HULA, Ramón Rico, e o Presidente da Asociación Nacional de Ciliopatías, José Carlos Pumar, presentaron este martes nos xardíns do Pazo de San Marcos, a Xira divulgativa solidaria da asociación A
Preto de 29.000 persoas contactaron co Servizo de Información 010 do Concello de Lugo no primeiro semestre deste ano, 2.000 persoas máis que o mesmo período do pasado 2015.
A Xunta de Goberno deste mércores aprobou adxudicar o subministro e instalación do equipamento informático no edificios de Novas Tencoloxías, que se está a acondicionar na Praza Anxo Fernández Gómez, e no centro cultural do Vello Cárcere, por 74.300 euros a Nortconsulting Sistemas S.L.U.
O Arde Lvcvs 2016 dispón dunha App para dispositivos móbiles con toda a información e notificacións a tempo real sobre esta multitudinaria festa de recreación histórica.
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, avanzou este xoves que o obradoiro de emprego que vén de conceder a Xunta ao Concello, Emprega TIC, arrancará este verán, previsiblemente entre os meses de agosto e setembro, e terá unha duración de seis meses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »