A praza Maior acollerá mañá, martes, ás seis da tarde, a entrega de premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Esta actividade consistiu nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente que se celebrou o sábado e na que participaron 15 rapaces e rapazas.
O acto estivo presidido por Carmen Pena Ledo, Presidenta de Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo
No acto de presentación participaron ademais representantes dos principais patrocinadores do evento.
A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es . Esta publicación virtual que cumpriu un ano o pasado mes de decembro, chega ao número quince da súa andaina.
Este número ten un carácter moi especial, pois está dedicada á figura emblemática de María Castaña, “unha muller de armas tomar”.
O sumario deste decimoquinto número aborda os seguintes temas:
- No apartado de Historia de Mulleres publícase unha reportaxe sobre a vida de María Castaña, símbolo da defensa dos dereitos.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dará comezo mañá, xoves, a un novo programa subvencionado polo Plan Nacional de Drogas que pasa a substutuír ao finalizado a pasada semana “E ti, ¿comunicas?”, que consistía nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais.
O novo programa o último que se pon en marcha dentro deste novo ciclo, será un de educación para a saúde, que se celebrará todos os xoves e venres de catro a sete da tarde até o 27 de abril.
A Casa da Muller do Concello de Lugo organiza unha nova viaxe destinada a mulleres do termo municipal. Esta actividade consistirá nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.
Como en anteriores ocasións, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.
O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús.
O Alcade de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixeron entrega hoxe de trece réplicas da Medalla Reina Sofía a outras tantas asociacións de persoas con discapacidade. O Concello recibiu este premio pola seu labor na eliminación de barreiras.
O Concello quixo facer este simbólico acto para agradecer a colaboración prestada por todos os colectivos “en primeiro lugar por concienciarnos das necesidades existentes e en segundo lugar polo traballo de apoio e consello desenvolvido nestes poucos anos”.
O Servizo de Animación Sociocultural do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, realizará unha visita guiada á exposición “O esplendor da cerámica española”, da colección Fundación Francisco Godia, organizada pola Fundación Caixa Galicia.
Esta visita terá lugar o día 20 de marzo, de doce a unha da mañá e está dirixida a toda a poboación.
Para participar na mesma é necesario inscribirse no centros sociais municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra antes do día 13 deste mes.
Esta actividade é gratuíta e aberta a p
O Alcalde, José López Orozco inaugurou xunto á Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre o puzzle xigante no Centro Social de Fingoi.
A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os barrios de Fontiñas e As Regas. As charlas comezaron o pasado día 2 na parroquia lucense de Coeses.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias presenta esta tarde ao público o programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogoddicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral. A presentación está a cargo dun pasarrúas que contará con zancudos, música e actuacións na rúa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 399
- 400
- 401
- 402
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- …
- seguinte ›
- última »