A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto á Presidenta do Comité Antisida de Lugo, Marisa Sánchez, os actos que se celebrarán na cidade para conmemorar o Día Mundial contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para mozos que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre presentaron o proxecto europeo Senior Tics.
As igrexas e hoteis da cidade presentan os principais problemas de accesibilidade en Lugo.
O Concello destinará 237.703 euros nos presupostos do próximo ano para asociacións de persoas con discapacidade.
Lugo acollerá unhas xornadas que conclúen o proxecto europeo do programa Pagus de accesbilidade a centros históricos. Dentro deste programa están a traballar de xeito conxunto, ademais de Lugo, a cidade italiana de Tori, Ribadavia, Vigo e Carmona.
Nas xornadas, que se desenvolverán os días 18 e 19 deste mes na Facultade de Humanidades, presentaransen as conclusións dos análises e os estudos de todas as cidades coa presenza de membros dos colectivos de discapacitados.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado Territorial da ONCE, Eugenio Ferradás, presentaron o programa oficial do San Froilán e a guía dos buses urbanos en braille -o medio de lectura táctil que empregan as persoas cegas-. Lugo converteuse así no concello pioneiro en Galicia e España en ofrecer este tipo de información en braille. O Concello da un paso máis no seu plan de accesibilidade, facilitando non só a accesibilidade física senón o acceso da información a todos.
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa. Así se recolle na publicación “Soluciones de accesibilidad y movilidad en los centros históricos del sur de Europa”, como complemento do proxecto PAGUS, levado a cabo con financiación europea no Interreg IIIC.
Nesta publicación aparece reflectida a situación actual destes centros históricos, todos eles dunha gran tradición turística, e as solucións que se aportaron e realizaron para conseguir unha accesilidade plena.
Ás 12:00 horas deste sábado, 24 de novembro, tivo lugar unha concentración e unha ofrenda floral diante da árbore da vida, na Praza de Santo Domingo, como homenaxe ás víctimas da violencia de xénero.
Neste acto participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, entre outras autoridades.
A edil de Muller leu un manifesto en homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e realizará unha ofrenda floral en memoria de todas as mulleres que perderon a vida como consecuencia desta violencia machista.
-O estudo de cómo afecta a violencia de xénero ós nenos/as comenzou en países angloxasóns en centros de acollida hai 20 anos.
-Para que o neno/a esté exposto á violencia de xénero é suficiente con que perciba a situación, non ten por que presenciala.
A asociación AMUVI diríxese a menores vítimas da violencia de xénero. Comezaron a súa actividade para axudar aos nenos vítimas, directas e indirectas, da violencia de xénero; tamén as impulsuo a falta de medios nos seus comezos e o gran número de casos.
As principais consecuencias dos maltratos que na asociación atopan son: insensibilización, necesidade de afecto (como contrapunto), sentimento de culpa, culpan ás nais, agresividade, abuso do alcohol, drogas, etc.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a presidenta de Durán Maquinaria Ensino, Alejandra Alonso, e a adestradora do equipo, Julia Pena, presentaron o partido dedicado ao Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.
Este encontro, que corresponde á sétima xornada da Liga Femenina 2 de Grupo A e xogarán o Durán Maquinaria Ensino e o Universitario de Ferrol, servirá para rendir unha homenaxe a todas as mulleres e fillos que sofren a violencia machista e implicar ao mundo do deporte na loita pola erradicación deste grave problema que xa se cobrou a vida de 8
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- …
- seguinte ›
- última »