
A concelleira de Benestar, Olga Racamonde, acudiu esta tarde á entrega de premios do concurso de fotografía, e á presentación do calendario 2020 a favor da Aspnais organizado por Lugo Monumental, na sede da APEC.

A área de Benestar traladaba hoxe á Xunta de Goberno local a concesión directa das subvencións nominativas, así como a aprobación dos convenios que o Concello de Lugo mantén coas entidades que desenvolven a súa actividade no eido dos Servizos Sociais.

Dende este luns permanece aberto o prazo para que as ong’s que desenvolven proxectos de sensibilización social en Lugo poidan concorrer ás subvencións municipais.

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, deu conta en rolda de prensa dos acordos da xunta de goberno de hoxe. López anunciou a concesión de dúas subvencións nominativas á Cruz Vermella e ao Colectivo de Confrarías de Semana Santa de Lugo.
O Centro Especial de Emprego de Cogami, Combina Social SL, encargarase de prestar o servizo de atención ao público e recepción de visitantes nos centros de convivencia municipais logo de que a Xunta de Goberno desta mañá aprobase a súa adxudicación.
O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou no día de hoxe quena escola infantil Serra de Outes permitirase a entrada dos nenos e nenas ás 9 horas “para facilitar así a conciliación, permitindo que as nais e pais que teñan ás súas fillas
A edil de Benestar, Olga López Racamonde, mantivo hoxe a primeira das reunións co persoal da Xunta de Galicia, do Sergas e do Servizo de Menores para elaborar unha guía de intervención para a atención a este colectivo.

A concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo vinculará o seu sistema de información de Servizos Sociais co da Xunta de Galicia para axilizar a atención e a intervención ás persoas usuarias.

O executivo local reforzará os servizos municipais co nomeamento de oito funcionarios de carreira, 5 administrativos, unha delineante, un oficial lector de contadores e unha técnica en xardín de infancia, que se veñen de aprobar esta mañá en Xunta de Goberno.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, xunto á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou este martes nos actos conmemorativos do Día da Merced, patroa dos funcionarios de Institucións Penitenciarias, nos que se entregaron distincións a tres traballadoras dos centros penitenciarios de Bonxe.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- …
- seguinte ›
- última »